sábado, 23 de julio de 2011

Sphex sp

Sphex sp

Sphex sp




Sphex é un himenóptero da familia Sphecidae, avispas escavadoras. Estas avispas excavan galerías con cámaras onde depositan presas paralizadas das que se alimentaran as suas larvas.

O comportamento dunha especie de Sphex ten sido empregado, sobre todo por Douglas Hofstadter y Daniel Dennett, para explicar conceptos como o determinismo e o libre albedrío. Resulta que  cando a avispa remata o niño busca presas para aprovisionalo. A Sphex leva a presa á entrada do niño a deposita no chan e enton entra para inspeccionar o interior do niño para logo ir de novo a entrada e introducir a presa. En principio este proceso parece denotar un comportamento reflexivo pero resulta que si mentras a avispa esta dentro inspeccionando o niño movemos a presa uns centímetros lonxe da entrada a Sphex ó sair buscara a presa e logo a levara de novo para a entrada para repetir o proceso de inspección antes de introducila esta experiencia chegouse a repetir nunha ocasión ata 40 veces con idéntico resultado. Finalmente o que parecía un comportamento reflexivo resulta non ter ningún sentido. O comportamento de Sphex e froito do determinismo mentras que o do home atende ó libre albedrío.

Un pobre resumo por que as ideas de Daniel Dennett dan para moito, polo menos vemos que o estudo dos insectos pode ter aplicación ó estudo da especie humana.