Clytus rhamnien Cabreiroá 29/05/2011. Familia Cerambycidae / Subfamilia Cerambycinae / Tribu Clytini Este é un exemplo de mimetismo batesiano no que unha especie inofensiva ten como mecanismo de defensa o seu parecido con outra especie que posue outros mecanismos defensivos tales coma aguillóns, ser toxicos, ter sabor desagradable,... Os depredadores asocian certos diseños con experiencias previas desagradables que os levan a evitar a certas especies e a aquelas que se asemellan. Chamase mimetismo batesiano en honra de Henry Walter Bates un científico británico que estudou o mimetismo en bolboretas do Amazonas, na mitade e a finais del seculo XIX. Por certo isto é un escarabello inofensivo.