Vilar de Silva, 08/05/2011 |
As arirstolochias son venenosas pero resulta que unha volvoreta escolle esta planta para poñer os seus ovos, un ovo por planta para que as eirugas non teñan competencia. A volvoreta en cuestion é Zerynthia rumina que non so ten un metabolismo que desactiva os toxicos da planta se non que ademais os emprega para a sua defensa acumulando estes nos seus tecidos externos.
Zerynthia rumina (Linnaeus, 1758) |
Zerynthia rumina (Linnaeus, 1758) |
As frores das aristolochias son trampas para moscas que normalmente depositan os seus ovos en carne podre ou excrementos, de xeito que ese cheiro e o que empregan para atraer as moscas. As frores son proteroxínicas, desenvolve primeiro a sua parte feminina, de xeito que unha mosca cargada de polen fecunda a flor e queda atrapada 24 horas mentras se forma o polen con que ira a fecundar a outra fror.
No hay comentarios:
Publicar un comentario