|
Ectophasia leucoptera Rondani, 1865 / Femia. |
|
Ectophasia leucoptera Rondani, 1865 / Macho. | |
|
Cylindromyia sp |
|
Gymnosoma sp |
A Familia Tachinidae son unha grande e cosmopolita familia de Dipteros con mais de 10.000 especies coñecidas. A meirande parte das especies durante a sua fase larvaria son parasitoides internos de outros artopodos (principalmente insectos) ainda que algunhas son parasitas. Os adultos son de vida libre.
A diferencia entre parasitoides e parasitos esta en que os primeiros nun principio alimentanse dos tecidos non vitais dos hospedes para mantelos vivos, pero finalmente atacan organos vitais que causan a sua morte, esto sucede pouco antes de emerxer dos hospedes e pupar. Os parasitos non chegan a causar a morte dos hospedes.
A posta dos ovos nos Tachinidae realizase de xeito diverso , asi algunhas especies depositan os ovos no interior dos hospedes, outras os depositan sobre a superficie externa e son as larvas as que penetran perforando as cuticulas dos seus anfitrións, outra forma consiste na posta de unha grande cantidade de ovos sobre as plantas nutricias das especies hospedantes ( moitas delas eirugas de bolboretas) alguns destes ovos son inxeridos intactos e eclosionan no interior.
Os Tachinidae empreganse no control bioloxico de plagas agricolas e forestais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario