viernes, 10 de junio de 2011

Tuberolachnus salignus (J.F. Gmelin, 1790)

ORDE HEMIPTERA
Suborde Sternorrhyncha
Superfamilia Aphidoidea
Fam. Aphididae
Subfam. Lachninae
Trib. Lachnini



Pulgón grande dos salgueiros

É un pulgón grande, pode acadar os 5-6 mm, de cor cincenta e cun caracteristico tuberculo conico medio dorsal no 4º segmento abdominal. Ataca diversas especies de salgueiros (Xenero Salix). Na foto aparece sobre un vimbieiro (Salix viminalis)

Teñen ciclos de vida complexos cunha xeración sexual por ano con machos e  femias, e unha serie de xeracións partenoxenéticas de só femias. As colonias estan compostas principalmente por femias sen ás. As femias con ás tenden a ser producidas mais tarde no desembolvemento dunha colonia, co fin de dispersarse e formar novas colonias.
O ataque destes pulgóns produce debilitamento, clorosis das follas, deformación de gromos e pode chegar a matar plantas novas ou mesmo arbores adultas. Un dano indirecto que pode causar e a fumaxina ou negrilla que consiste nunha costra negra composta por fungos que crecen sobre a melaza segregada polos pulgóns, esta costra impide a fotosíntese e a transpiración normal das follas provocando síntomas de clorose e necrose embaixo da costra. A fumaxina mesmo pode aparecer en plantas situadas baixo as arbores atacadas ainda que elas ton teñan pulgóns, xa que reciven as segregacións das colonias situadas por riba delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario